Wednesday 15 de May de 2024

A música de Human, Leite con Jalletas e De Vacas soará na Pobra durante o solpor


A Pobra do Caramiñal activa un novo ciclo musical para dinamizar espazos da vila aproveitando a chegada do bo tempo como antesala do verán. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, explica que Música no solpor está integrado por tres grupos galegos de estilos diferentes, co cal se busca pór en valor a música en directo.

Human abrirá o cartel no 21 de abril cun concerto nos Xardíns de Valle-Inclán para, no día 28, cederlle o protagonismo a Leite con Jalletas, na praza de Maura; e porase o broche de ouro coa actuación de De Vacas, no 5 de maio, no Cantón da Leña.

Todas estas sesións musicais arrancarán ás 21.00 horas e cóntase coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.